ACiP: “a xestión económica de Cristina Fernández Davila é esperpéntica”

Tomou como referencia un informe de Facenda que indica a débeda municipal en 3,2 millóns €

Ponteareas/ACiP | O Ministerio de Facenda fixo público un informe que mostra o desaxuste económico entre gastos e ingresos dos diferentes ingresos. Tal e como se fixo eco a prensa durante a fin de semana, desgraciadamente Ponteareas lidera esta lista, acompañada de Marín, deixando sen pagar 3,2 millóns de euros.

Estes datos confirman a situación na que ACiP leva insistindo dende hai tempo, a xestión económica do goberno local dende que Cristina Fernández exerce de rexedora é un auténtico drama. BNG e PSOE reiteran sistematicamente a solicitude de préstamos sen control. Esta dinámica eleva a actual débeda municipal por enriba os 15 millóns de euros.

Coa anterior regra do Ministerio o Concello de Ponteareas tería as contas intervidas. Ademais, cos datos desvelados por este informe, moito tememos que o goberno local solicitará un novo préstamo para poder facer fronte os pagos de provedores, colocando a Ponteareas nunha situación moi complexa de cara o futuro. Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas, queremos solicitarlle o goberno responsabilidade, xa que ante a posibilidade de que a nosa formación lidere o próximo goberno a partir de maio, todo apunta a que a situación financeira do Concello dificultará moito calquer proxecto futuro de cidade.

“O informe ‘é letal’. O dato mata o relato da alcaldesa”

Como indica o candidato de ACiP para o próximo 28 de maio, Juan Carlos G. Carrera, o informe “é letal. O dato mata o relato da alcaldesa, dende a súa chegada as finanzas do Concello só se poden calificar de esperpento”. Destacando que, “nós queremos situar a Ponteareas a cabeza de Galicia en ámbitos como o deporte ou a cultura, non liderando a débeda”.