Aberto o prazo para solicitude das fogueiras de San Xoán no Covelo

Poderán tramitarse de xeito presencial no rexistro ou por sede electrónica

O Covelo | Con motivo da celebración das fogueiras de San Xoán, o Concello de Covelo informa que xa está aberto o comunicación previa. As persoas ou colectivos interesados deberán tramitar por sede electrónica: https://covelo.sedelectronica.es/info.

Tamén pode tramitarse de xeito presencial no rexistro do Concello de Covelo, cumprimentando o seguinte modelo C:\Users\76902343A\Downloads\20220608_Outros_ANUNCIO FOGUEIRA DE SAN XOAN 2022.pdf

O prazo estará aberto ata o vindeiro 17 de xuño ás 14 horas. A normativa recolle que as fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros ás edificacións e árbores e non poderán dun máximo de 4 metros de diámetro e 2 metros de altura. Para a combustión somentes se poderán empregar leña, pólas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase.

Prohíbense calquera outro tipo de material, especialmente: os neumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera substancia explosiva. Non prender a fogueira con exceso de vento e ter auga preto para actuar ante posibles escapes son algunhas das cuestións que tamén recolle a normativa.