Abertas as inscricións para “Arbonadal 2022”, Mercadillo Solidario de Nadal

Será os días 10 e 11 de decembro

Arbo | Arbonadal é un evento organizado polo Concello de Arbo, volve o Concello de Arbo, ós días 10 e 11 de decembro.

Con esta actividade pretendese promocionar e potenciar os recursos culturais e patrimoniais da nosa vila, dirixida a artesáns, anticuarios, asociacións, ONGs e establecementos comerciais.

As persoas, autónomos, empresas, Asociacións, ONGS, que desexen participar deberán cubrir o modelo de Inscrición facilitado polo Concello e deberán especificar na mesma, como condición indispensable para adxudicar os espazos, o tipo de produto a expoñer e vender, o nome da asociación, cooperativa, ONG…, así como os metros cadrados necesarios para a colocación do posto, nome comercial e representante.

Todos os participantes que o desexen poderán realizar demostracións dos seus respectivos produtos no seus postos, co fin de que o público asistente coñeza as técnicas de elaboración, previa comunicación a organización para facelo constar no programa e establecer os horarios no caso de existir varias demostracións ou charlas.

A participación “ArboNadal 2022 – Mercadillo Solidario de Nadal” ten carácter gratuíta. Máis información nas redes sociais do Concello de Arbo, a través do correo electronico oficinas.concellodearbo@gmail.com ou no telefono 986 66 50 00. O Prazo de Presentación das solicitudes de participación remata o día 30 de novembro.

“Os Bolechas” volven a Arbo
O vindeiro 19 de novembro ás 18:00 horas, o Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, acollerá a actividade “OS BOLECHAS – O ANIVERSARIO DO AVÓ”, dentro dos eventos organizados co gallo do Outono Cultural 2022·

Enmarcada dentro do programa da Xunta de Galicia “FalaRedes”, a actividade lúdica e didáctica dos Bolechas esta dirixida para toda a familia.

O xogo e a diversión combínanse unha vez máis coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreira. Loli, Faísca, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos, Vos Bolechas, volven con outra aventura chea de diversión que atrapará aos máis pequenos desde o inicio da función. Os obxectivos de FalaRedes son ampliar a oferta de ocio no noso idioma, promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia na sociedade e apoiar os artistas que desenvolven o seu traballo en galego.