Aberta a inscrición de “ArboNadal”, o mercadillo solidario

A celebrarse os días 2 e 3 de decembro na Praza do Concello

Arbo | Arbonadal é un evento organizado polo Concello de Arbo, volve o Concello de Arbo, ós días 2 e 3 de decembro na Praza do Concello

Con esta actividade pretendese promocionar e potenciar os recursos culturais e patrimoniais da nosa vila, dirixida a artesáns, anticuarios, asociacións, ONGs e establecementos comerciais.

As persoas, autónomos, empresas, Asociacións, ONGS, que desexen participar deberán cubrir o modelo de Inscrición facilitado polo Concello e deberán especificar na mesma, como condición indispensable para adxudicar os espazos, o tipo de produto a expoñer e vender, o nome da asociación, cooperativa, ONG…, así como os metros cadrados necesarios para a colocación do posto, nome comercial e representante.

Todos os participantes que o desexen poderán realizar demostracións dos seus respectivos produtos no seus postos, co fin de que o público asistente coñeza as técnicas de elaboración, previa comunicación a organización para facelo constar no programa e establecer os horarios no caso de existir varias demostracións ou charlas.

A participación “ArboNadal” – Mercadillo Solidario de Nadal” ten carácter gratuíta. Máis información a través do correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com ou no telefono 986 66 50 00

O Prazo de Presentación das solicitudes de participación remata o día 28 de novembro.