A Xunta de Galicia mellora os servizos de autobús entre o Carballiño e Ourense

Aumenta dúas frecuencias máis os sábados, domingos e festivos ao mediodía

Ourense | O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo informa que a Xunta mellorará desde o 8 de agosto os servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense con dúas frecuencias máis os sábados, domingos e festivos ao mediodía. Salientou que cos novos servizos que sairán ás 12,20 horas do Carballiño e ás 13,00 horas da estación intermodal de Ourense, amplíanse as opcións dispoñibles para a cidadanía, que pasará a contar con tres autobuses cara á cidade e outros tres de volta nestas xornadas.

Manuel Pardo explicou que os novos servizos sairán ás 12,20 horas do Carballiño e ás 13,00 horas da estación intermodal de Ourense os sábados, domingos e festivos. Así, os sábados os novos servizos ofrecerán conexións en horarios intermedios aos actuais, polo que haberá idas ás 10,15, 12,20 e 19,45 horas desde O Carballiño e voltas, ás 10,45, 13,00 e 20,30 horas desde a estación intermodal de Ourense. Os domingos e festivos os novos servizos habilitarán conexións ao final da mañá en ambos os sentidos, de xeito que as idas sairán ás 12,20, 19,45 e 20,15 horas e as voltas, ás 13,00, 17,15 e 20,30 horas.

Ademais, outros servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense axustan os seus horarios ou itinerarios. De luns a venres, o primeiro servizo do día adianta cinco minutos a saída desde O Carballiño, ás 7,45 horas, e o primeiro servizo de volta pasará a saír das Lagoas ás 8,30 horas, dez minutos antes. Nas fins de semana e festivos, todos os autobuses entre O Carballiño e Ourense sairán ou finalizarán na estación intermodal, ao non existir prácticamente demanda na parada das Lagoas . Deste xeito, as frecuencias de ida das 19,45 horas e de volta das 20,30 horas deixarán de realizar o treito entre a estación e a parada das Lagoas, que viña funcionando baixo demanda. A información relativa a estes servizos estará dispoñible para a súa consulta nos portais web www.bus.gal e www.mobt.xunta.gal e nas aplicacións para dispositivos móbiles Transporte Público de Galicia e MoBT.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.