
Santiago de Compostela | O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, mantivo un encontro coa xunta directiva da Fundación INADE, co obxectivo de avaliar os resultados do estudio elaborado por esta organización sobre a evolución da xestión do risco no sector empresarial galego.
Esta reunión enmárcase destro do proxecto ERM2026 desta fundación, que procura informar ás institucións e organizacións empresariais de Galicia sobre a situación da xestión do risco no tecido produtivo da Comunidade, así como iniciativas para corrixir esta situación.




