A Vía Mariana por Covelo

Unha experiencia única de peregrinación e riqueza histórica e natural
Praza principal do Covelo, co seu histórico cruceiro fronte ao Concello.

O Covelo | A ruta de peregrinación da Vía Mariana Luso-Galaica entra dende Portugal a Galicia polos Concellos pontevedreses de Arbo, Covelo e A Cañiza. Deste xeito, Covelo achega un relevante patrimonio para esta ruta, establecido a través de parroquias como Prado de Canda, A Lamosa, Santiago, Santa Mariña, Valdomar, Casteláns e Barcia de Mera.

“Covelo acolle importantes santuarios e centros de culto popular para esta ruta relixiosa mariana”

Sexa dentro do propio Concello como da súa proximidade con localidades veciñas como A Cañiza, Covelo acolle importantes santuarios e centros de culto popular para esta ruta relixiosa mariana, nos que destacan o Santuario da Franqueira, valioso patrimonio galego; o Coto da Vella, Santiago de Parada das Achas, a Ermida da Peña de Francia, Santiago de Prado de Canda, a Virxe do Liberamento de A Lamosa e Santiago de Covelo.

A importancia desta ruta de peregrinación no seu paso por Covelo ten atraído a diversos peregrinos de países como República Checa, Hungría, Alemaña, Italia e, especialmente, España e Portugal.

Mosteiros, abadías e igrexas
Os traxectos da Vía Mariana por Covelo comezan dende o veciño Concello da Cañiza por A Franqueira, un paso chave por ser ruta da Virxe e tamén por acoller a Pedra Rosarina, xa ingresando na parroquia covelesa de Prado de Canda, igualmente célebre polos recentes descubrimentos de xacementos arqueolóxicos.

A ruta de peregrinación por Covelo continúa por Santa Mariña, que acolle un santuario mariano, con pé da cruz e Igrexa Barroca. Segue por Parada das Achas e Estacas, que permite establecer aos peregrinos unha parada dun día, con estancia en Covelo.

Conxunto abacial de San Martiño de Barcia de Mera.

En Casteláns atopamos un sitio de paso, cun mosteiro do século XII e a igrexa de Santa María de Casteláns, coñecida pola devoción a San Bernabéu, cuxos restos foron trasladados ao Concello veciño de Mondariz Balneario. Esta igrexa conserva igualmente influencias arquitectónicas mozárabes.

Casteláns posúe un importante pasado histórico reflectido na súa heráldica, por seren probablemente lugar de establecemento de escribanos e persoas de leis. A riqueza natural desta ruta por Casteláns da conta igualmente de fermosos pazos e poldras para o deleite do peregrino.

“Casteláns posúe un importante pasado histórico reflectido na súa heráldica, por seren probablemente lugar de establecemento de escribanos e persoas de leis”

Continúa a ruta por San Xoán de Barcia de Mera, onde atopamos o conxunto abacial de San Martiño, de estilo barroco e do século XVIII. Barcia de Mera tamén é coñecido por acoller un edifició da Santa Inquisición, cunha capela e a carballeira de San Xoán de Mosteiro. Esta parroquia destaca igualmente polo seu acervo vitivinícola, propio dos viños do Condado.

Outra parroquia desta ruta é Prado, veciña do concello ourensán de Avión, e célebre por acoller a romería da Virxe da Xestosa, de gran tradición popular. Nestas rutas destacan a presenza das praias fluviais, castros, paisaxes e atractivo natural que fan igualmente da Ruta Mariana por Covelo un paso importante para realizar paseos de sendeirismo.

A Virxe do Liberamento e o Cruceiro de Covelo
Este patrimonio da Vía Mariana por Covelo nos achega igualmente á Virxe do Liberamento, na parroquia de A Lamosa, cuxa devoción é moi venerada polas mulleres provenientes de distintos puntos da península ibérica, especialmente polos seus rituais en torno á maternidade, e pola súa romería que se celebra cada mes de setembro.

Nesta parroquia observamos tamén a presenza da igrexa románica do Patrón Santiago Peregrino, que destaca igualmente polo seu peto de ánimas e cruceiro.

“Xa no centro da vila covelesa atopamos o histórico Cruceiro de Covelo, que da comezo igualmente a unha ruta importante de peregrinación”

Xa no centro da vila covelesa atopamos o histórico Cruceiro de Covelo, que da comezo igualmente a unha ruta importante de peregrinación. Este cruceiro, que data de 1899, foi costeado por Don Juan Antonio Tielas Fontán, veciño de Covelo, tal e como reza a súa placa e está dedicado ao Santísimo Cristo dos Aflixidos.

Este cruceiro conserva unha exquisita decoración iconográfica, na que destacan as representacións de Cristo crucificado e da Virxe rodeados de anxos, o Espírito Santo, a Virxe da Concepción, figuras bíblicas como Adán e Eva e unha serpe que representa ao Demo. Tamén están presentes as figuras do Santiago Apóstolo e de San Xoán Bautista.

Covelo ten tamén importancia capital para a Vía Mariana por ser centro de servizos para os peregrinos, especialmente bancarios, farmacias e hostalería, que facilitan a andaina dos devotos desta ruta de peregrinación.

Atopamos aquí aloxamentos de peregrinos e albergues comunitarios e centros asociados como Casa Costa (centro de Covelo), restaurante e pensión. Outros establecementos destacables son Casa Parranda (Barcia de Mera) e a Casa-Hotel La Rectoral (Paraños), de recente apertura.

O Museo Etnográfico Pazo da Cruz
Dentro do Concello destaca igualmente o Museo Etnográfico Pazo da Cruz, localizado na parroquia de Santiago de Covelo (A Ermida) e rexentado polo seu impulsor e propietario Maximino Fernández Sendín, coñecido escritor e empresario natural de Oviedo (Asturias).

Este museo consiste nunha casa do século XVII que mantén un óptimo estado, conservando os elementos propios da arquitectura tradicional da época; portón de entrada con cruz e pináculos, patio adoquinado con fonte, vivenda principal e dos caseiros, escaleiras de pedra, cociña antiga con forno de pedra, o “lar” (fogar) e a “parrumeria” (para colocar os enseres da cociña), hórreo, alacenas e cobertizos, entre outros.

Museo etnográfico Pazo da Cruz.

Este museo acolle unha das coleccións privadas máis importantes de Galicia, con mais de 4.000 pezas e 3.000 documentos gráficos e audiovisuais que valorizan o patrimonio histórico, etnográfico e natural tanto de Covelo como de Galicia en xeral. Esta casa tamén acolle a sede do Centro de Estudos de A Paradanta e O Condado e dos Premios Cumios de Suido.

“Este museo acolle unha das coleccións privadas máis importantes de Galicia, con mais de 4.000 pezas e 3.000 documentos gráficos e audiovisuais que valorizan o patrimonio histórico, etnográfico e natural tanto de Covelo como de Galicia en xeral”

Así, a variedade da riqueza de patrimonio natural, arquitectónico e relixioso fan de Covelo unha ruta de tránsito da Vía Mariana Luso Galaica con enorme achega en canto á experiencia espiritual e de coñecemento histórico.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.