A veciñanza guardesa coñecerá o Plan Rehabilita

Será presentado este 27 de setembro na Casa dos Alonso

A Guarda | O Concello da Guarda leva meses traballando na posta en marcha dun programa municipal pioneiro que ten como obxectivos paliar a falla de vivenda para alugueiro na vila, aumentar a eficiencia enerxética dos inmobles e mellorar a estética das nosas rúas e barrios.

Algo que, en liña co PACES (Plan de Acción por el Clima y la Energía Sostenible), ao que está adherido o Concello da Guarda, influirá tamén na redución de emisións de dióxido de carbono á atmosfera.

É por elo que se puxo en marcha o “Plan Rehabita”, un programa integral de asesoramento para a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética de vivendas que se atopan na Guarda, co fin de devolver ao mercado moitos inmobles que se atopan parados ou desactualizados na actualidade e promover así o seu alugueiro, reforma, venda, actualización, etc.

Despois de meses de traballo, nos que se realizaron diversas mesas de traballos con empresarios/as de diversos sectores profesionais para explicar o funcionamento do Plan Rehabita, desta volta é a quenda de presentar esta iniciativa á veciñanza guardesa.

A presentación do Plan Rehabita será este mércores día 27 de setembro ás 20:30h na Casa dos Alonso, onde toda aquela persoa que desexe ampliar información sobre esta iniciativa poderá recibir información e despexar todas as súas dúbidas para poder optar a todas as axudas existentes que permitirán rehabilitar e mellorar a eficiencia enerxética dos seus inmobles.

A 15k do Atlántico terá lugar o 23 de outubro
A terceira e última proba pertencente ás Series 15K terá lugar o domingo domingo 23 de outubro e terá lugar entre os concellos de Oia, A Guarda e O Rosal.

Todos os participantes terán por diante 15 quilómetros pola costa galega, que serán os encargados de ofrecer unhas vistas únicas do evento. Ás 11:00 horas soará o sinal de saída no campo de fútbol de Oia e a poxa final será no porto da Guarda, punto especial onde se entregarán os diferentes premios unha vez rematada a proba.

Ademais, previamente á proba realizaremos unha andaina a partir das 10:00 horas, onde cada un dos participantes terá a oportunidade de gozar desta ruta dun xeito algo máis relaxado.

Da man do proxecto Aproxima do Banco Mediolanum, esta IX edición da proba saca a relucir o seu lado máis solidario doando 1€ de cada inscrición á Asociación Down Vigo en apoio á súa loita por lograr a plena integración das persoas con Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual. . Ademais, habilitouse unha fila 0 para todas aquelas persoas que queiran facer a súa achega.

Toda a información sobre a proba pódese atopar na súa web oficial: https://bancomediolanum15kseries.com/