A tempada estival remata en Allariz con moi bos resultados

Cun total de 26.500 visitantes
Madrid, Castela León e Levante lideraron a procedencia dos turistas que visitaron Allariz este verán.

Allariz | Os meses de verán deste 2021 deixan en Allariz datos que confirman dabondo a recuperación no eido do turismo. Segundo os datos recollidos pola Oficina de Información Turística de Allariz, dende xuño ata a ponte de outubro, un total de 26.500 visitantes pasaron pola instalación municipal.

En canto a procedencia dos visitantes, a meirande parte dos mesmos proceden do resto do estado, sobre todo de Madrid ,Castela León e Levante . En canto aos visitantes galegos, precedían da provincia de Coruña e Pontevedra.

Dende a oficina de turismo recordan que este 2021 seguiuse atendendo cun aforo inferior ao habitual, polo que o balance é máis que positivo.

Patrimonio principalmente,  natureza e a rede comercial e hostaleira, así coma o calendario de eventos que se leva a cabo en Allariz durante todo o ano son, entre outros, os atractivos por excelencia que fan de Allariz un destino turístico consolidado e referente en Galicia.

O turismo demandou sobre todo  actividades ao aire libre e rutas que eles mesmos puidesen xestionar, coma o roteiro Arqueolóxico de Santa Mariña e as escavacións da Cibdá Romana de Armeá que este verán viron incrementadas en gran medida as visitas no décimo aniversario do seu inicio.

Por outra, banda as visitas guiadas ao Casco Histórico de Allariz, que se realizaron todos os sábados dende o 15 de xullo ata final de verán, tiveron unha gran acollida entre os visitantes cubrindo o aforo en case todas as quendas.

A rede de museos de Allariz  bateu todos os récords ao recibir só no meses  de xullo , agosto e setembro   8500 visitas. Composta polo Museo do Coiro, Museo da Moda e o Museo Galego do Xoguete, este último foi o que máis visitas recibiu.

En canto a outro recurso fundamental para a tempada en Allariz, coma é o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, ata o mes de setembro levaba máis  de 30.000 visitas.
Allariz entra agora na recta final do ano, retomando eventos tan importantes coa son o Allariz de Medo que se celebrará os días 29,30,31 e 1 de novembro,  a Feira de Outono que será os días 13 e 14 de novembro e a xa coñecida e orixinal campaña de Nadal en decembro.