A SD Ponteareas e a SD Juvenil Ponteareas renovan o seu convenio

Unha ampliación de filialidade para potenciar os recentes éxitos futbolísticos

Ponteareas | A presidenta da SD Ponteareas, Elena Rodríguez Freitas e o presidente da SD Juvenil Ponteareas, Pedro A. Alfaro reuníronse para firmar a renovación do convenio de filialidade entre os clubs.

O convenio foi asinado no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas coa presenza da alcaldesa, Nava Castro Domínguez e o Concelleiro de Deportes, Francisco J. Represas.

Tras o éxito do anterior convenio, que levou á SD Ponteareas a ser a maior escola de fútbol da comarca e ao SD Juvenil a constituir o equipo de formación SD Juvenil Rodosa e ascender a Segunda Autonómica, decidiuse ampliar a colaboración.

Todos os asistentes alentan a continuidade dos éxitos deportivos e esperan que este convenio sexa o pulo definitivo ao deporte local de Ponteareas.