• Segue conectado
  • |

A saída mosense de La Vuelta trasládase ao 5 de novembro


Mos | A crise santitaria do COVID-19 motivou un retraso de La Vuelta Ciclista a España do presente ano 2020, que se celebrará entre o 20 de outubro e o 8 de novembro.

A etapa Mos-Porto Matosinhos (que agora pasa a ser a etapa 15) terá lugar o xoves 5 de novembro, e así llo comunicou onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, aos membros integrantes da Mesa Local de La Vuelta, e ao presidente da Comunidade de Montes de Mos, xa que do Pazo de Mos sairá a 15ª etapa de La Vuelta rumbo a Portugal e con meta en Porto, Matosinhos.

Etapa 15 > Mos > Porto, Matosinhos
O xoves 5 de novembro de 2020 terá lugar esta estapa chá de 178 km de percorrido de La Vuelta Ciclista a España.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou da nova data aos membros da Mesa Local de La Vuelta e ao presidente da Comunidade de Montes de Mos

Mos é unha das saídas inéditas de La Vuelta 20. A etapa ten un padriño de excepción. Óscar Pereiro, embaixador de La Vuelta, gañador do Tour de Francia 2006, e nativo de Mos.
Mos é un punto de paso do Camiño de Santiago Portugués. Parada previa a Pontevedra, desde Mos márchase cara ao norte, rumbo á Catedral de Santiago, onde remata o camiño do peregrino. Con todo, o pelotón tomará o rumbo oposto dirixíndose cara ao sur: Portugal.

Con este cruzamento de fronteiras, e tras eliminar as tres primeiras estapas e a saída desde os Países Baixos, a de Mos convértese na única etapa internacional de La Vuelta. O percorrido da 15ª etapa bordeará a costa portuguesa, aínda que o vento non debería afectar o desenvolvemento da etapa, con previsible chegada ao sprint.

Publicado o 6 Mai 2020 en Mos, Portada, Turismo.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies