A Praza María Pita da Coruña amosará unha alfombra adicada ao Camiño Inglés

Realizada pola Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago

Ponteareas | A Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago ten como obxectivo principal todas aquelas actividades dirixidas á difusión, divulgación e promoción do Camiño de Santiago e do patrimonio material e inmaterial vinculado a el. Destacando a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.

Os alfombristas preparamos dous grandes proxectos para o próximo Ano Santo;
O primeiro denominado “Alfombras para o Camiño”, co que queremos poñer en relevo os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela , a través de algo moi noso, como son as alfombras de flores que cada ano realízanse en centenares de vilas e pobos de Galicia e España , con motivo das festa do Corpus Christi.

Para iso propoñémonos elaborar diversas alfombras de flores, en lugares emblemáticos, de cada un dos distintos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, desde xaneiro a xuño para acabar rematando cunha gran alfombra floral en Santiago de Compostela o 25 de Xullo.

“No proxecto de ALFOMBRAS PARA O CAMIÑO eliximos a cidade da Coruña como representante do Camiño Inglés; xa que é un dos roteiros marítimos xacobeos que se utilizaban na Europa medieval para alcanzar Compostela”

No proxecto de ALFOMBRAS PARA O CAMIÑO eliximos a cidade da Coruña como representante do Camiño Inglés; xa que é un dos roteiros marítimos xacobeos que se utilizaban na Europa medieval para alcanzar Compostela os peregrinos procedentes dos países escandinavos, os Países Baixos, o norte de Francia e principalmente de Inglaterra, Irlanda e Escocia.

Para iso, alfombristas de Ponteareas e Bueu desprazaranse á Coruña o sábado día 10 de xullo, para realizar esa alfombra na Praza de María Pita. Sendo o motivo central da mesma a Torre de Hércules, faro romano declarado Patrimonio da Humanidade no ano 2009 e  faro que guía a chegada dos peregrinos a Galicia.

Na variante dende A Coruña é tamén coñecida por Camiño do Faro.