A praia da Freixa en estado de total abandono

Por primeira vez sen socorristas nin vixilancia, debido á mala xestion de Solla
Ponteareas/ACIP | Juan Carlos González Carreira, portavoz de ACIP, mostrou  a súa preocupación e a do seu grupo, ante o estado de total abandono no que se atopan as praias fluviales existentes ao longo da canle do rio Tea ao paso polo noso Concello.
“a praia máis concorrida e de máis relevancia de Ponteareas, a da Freixa, a estas alturas de tempada, excedida a metade do verán, atópase nun estado lamentable, abandoada totalmente.”
Indicaba Juan Carlos González Carreira
“É inaudito que un lugar de recreo, por primeira vez en moitos anos, non teña o servizo de socorristas para acudir aos bañistas que o necesiten.”
O día de onte, os concelleiros de ACIP realizaron unha visita á praia da Freixa, xunto a veciños da zona, podendo comprobar in situ, o estado de abandono. Do mesmo xeito os veciños expresaron o malestar xeralizado, tanto dos visitantes coma dos veciños desa zoa e dos ponteareans  que acoden a esta zona a relaxarse ou practicar deporte.
A zona que transcorre dende a praia ata o refuxio de pescadores, é intransitable, sendo un bosque de maleza abrupta que non se limpa dende fai moito tempo.
Unha árbore tirada na praia, que aínda non retiraron, mailos avisos reiterados dos veciños, e que ademais incrementa o lixo.
As balizas de señalización de praia, están tiradas dende o ano pasado, sendo un verdadeiro perigo para os bañistas que se acheguen á zona do embarcadoiro.
Os bañistas e viandantes quéixanse da falta de poda das arbores, que ata impiden que o sol ilumine a praia.
Se ocorre unha desgraza, Solla será o responsable directo, por non preocuparse de dotar a esta zona de socorristas. Co fácil que sería chegar a un convenio de colaboración coa recentemente presentada Agrupación de Protección Civil, grupo sobradamente  preparado pra levar a cabo estas  actuacións.
Non esquezamos que A Freixa, sempre foi un referente turístico da nosa comarca. Agora ninguén a ten en conta e cada vez é menos o número de persoas que se achegan a gozar dun magnifico paraxe natural.
Desde o grupo de ACIP, solicitamos ao alcalde e concelleiro de medio ambiente, máis Organización e planificación, para que os nosos veciños e visitantes gocen do noso pobo. Eles non teñen a culpa de que desde o Concello realicese unha xestión ineficaz. Que Solla non saiba dirixir o seu Concellalía, deixando abandoadas as zonas verdes de Ponteareas das que logo tanto quere presumir.
 

Outros artigos