A “Papanoelada moteira” ilumina o Nadal de Vigo

Con máis de 4.000 moteiros vestidos de Papa Noel
Máis de 4.000 moteiros vestidos de Papa Noel participaron na “Papanoelada” 2021 en Vigo.

Vigo | Tras a suspensión motivada pola pandemia o pasado Nadal, as rúas de Vigo enchéronse este 18 de decembro coa xa tradicional “Papanoelada moteira”, un evento organizado por Motos Galicia e que nesta edición de 2021 reuniu a máis de 4.000 ‘moteiros’ vestidos de Papa Noel e con atuendos de Nadal, para participar nestas festas na cidade olívica.

A presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, foi a encargada de recibir aos moteiros.

A presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente de alcalde do Concello de Vigo, Carmela Silva, foi a encargada de recibir na rúa Venezuela aos máis de 4.000 moteiros que participaron nesta “Papanoelada” e que deleitaron aos veciños vigueses cos seus atuendos de Nadal e a súa alegría.

Carmela Silva atendeu este evento en ausencia do alcalde Abel Caballero, quen se encontraba en Barcelona pero que non quixo estar ausente nesta festa, a través dunha conexión directa na que felicitou aos organizadores da “papanoelada”.

Un gran ambiente festivo viviuse coa “Papanoelada” na rúa Venezuela de Vigo.

Caballero asegurou que “Vigo é a cidade con maior seguridade para o tránsito das motos” e que para a edición de Nadal de 2022 prometeu “batir o récord mundial de ‘papanoelada”.