A Orde do Camiño de Santiago organiza “Coñece os Camiños”

Celebrará cinco xornadas multidisciplinares en distintos Concellos

Paradela | A Orde do Camiño de Santiago celebrará cinco xornadas multidisciplinares en distintos Concellos, sumándose ao programa O Teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.

Cada unha das xornadas que conforman “Coñece os Camiños”, constará dun panel de conferencias sobre o Camiño de Santiago e o Xacobeo, unha actuación folclórica e musical, seguida dunha degustación gastronómica de produtos da localidade e unha visita cultural aos lugares máis emblemáticos de cada zona.

Esta terceira edición dará comezo o vindeiro sábado 17 de setembro, cunha xornada dedicada ao Camiño Francés que se celebrará no Concello de Paradela (Lugo).

Pode consultarse a información completa e a programación de todas as actividades na web www.ordendelcaminodesantiago.es e en redes sociais.