A natureza de Ponteareas é saudable.

Por Francisco Peña

Agradecer a invitación do editor deste xornal para escribir esta columna mensual “SAÚDE AMBIENTAL”, iso me permitirá manter o contacto cos meus paisanos. Aproveito esta primeira incursión para valorar a natureza da nosa terra, que é preciso protexer e conservar, e mellorar na medida posible como legado para xeracións vindeiras.

O río Tea. É un afluente do río Miño, é a columna vertebral do territorio onde se asenta o concello de Ponteareas “A Vila do Corpus”. O río Miño nace nas Serras do Suido, ten 50 km de lonxitude, baña os concellos de Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas, e desemboca no río Miño, en Salvaterra de Miño. O río Tea é un LIC que forma parte da Rede Natura 2000 da Unión Europea, por ter un enclave de alto valor ecolóxico e medioambiental. Cabe destacar as especies migratorias como o salmón, a lamprea e a anguía; entre a fauna asociada pódese atopar o picapeixe (martín pescador), o merlo reiro, o azor, o falcón, a lontra. Na beira do río Tea podemos atopar unha gran variedade de árbores, entre as que abundan os amieiros, tamén o bidueiro, maior, freixo, carballo, roble, marrón. As beiras do río Tea sempre foron un lugar atractivo para os veciños de Ponteareas y para os veraneantes; cabe destacar a praia fluvial de A Freixa como lugar de disfrute da natureza para relaxarse, dar un mergullo e compartir amizade.

Rutas de sendeirismo. Existen varias rutas interesantes que cabe destacar. O camino circular do baixo Tea, tramo desde a ponte dos Remedios ata a ponte das Partidas (9,38 km), a ruta é gratificante e sempre á beira do río Tea, e sendo plana é moi asequible para todo o mundo. O camilo do río Tea dende Ponteareas a Salvaterra do Miño (17 km moi doado de andar), é unha ruta fermosa, a excursión comeza desde a praia fluvial de A Freixa, segue o curso do río Tea augas abaixo e chega ao parque de A Canuda en Salvaterra do Miño, ao pé da ponte internacional que nos une co noso país veciño, Portugal; polo camino atopamos tres imaxes relevantes: a ponte dos Remedios, a ponte das Partidas e a ponte da Fillaboa. A ruta Ourelas do río Tea desde A Freixa ata a ponte de O Caneiro (11,4 km), que comeza en A Freixa, augas arriba, pasando por vellos muíños e rodeando os regatos de Cillarga e Padróns ata chegar a ponte do Caneiro.

O pico de A Picaraña. Ascende a 387 m sobre o nivel do mar, nas proximidades de Ponteareas e moi preto do mosteiro dos PP Franciscanos de Canedo. Dende o alto pódense ver fermosas panorámicas de todo o Condado e gran parte do Val do Tea, así como a vila de Ponteareas e as súas parroquias. Dende o pico máis alto pódese ver o castelo do Sobroso. Teño un grato recordo dos meus paseos por visitar enclaves naturais en Arcos: A Pena do Equilibrio e A Pena dos Namorados (´dolmen´, é un monumento da natureza que ten a súa lenda e a súa historia). Recomendo facer o Roteiro dos Penedos da Picaraña (máis de 20 penedos de diversos tamaños, catalogados polos seus nomes orixinais e lendas atribuídas), é unha ruta de interese paisaxístico, paga a pena considerar tendo en conta la riqueza forestal del entorno e as formacións rochosas, penedos, que marcan o carácter de esta ruta circular, que comeza no cruceiro do barrio de A Serra (Arcos).

Científico, académico, escritor y humanista.