“A música e a narrativa poden chegar a mover conciencias”

Eduardo Soutullo | Compositor vigués. Premio Nacional de Música 2023

Premio Nacional de Música 2023, o compositor Eduardo Soutullo (Vigo, 1968) vén de obter este galardón do Ministerio de Cultura pola súa obra musical na que destacou unha cantata de denuncia contra a guerra de Ucraína, “O queixume dos xirasois”, baseado na obra da poetisa ucraína Leysa Ukrainka. A peza, que tivo que sortear diversos obstáculos para ser estreada, foi premiada nun certame en San Petersburgo (Rusia) en setembro de 2022.

Vén de gañar o Premio Nacional de Música 2023 coa peza “O Queixume dos Xirasois”. Que nos transmite esta composición?
En primeiro lugar quero aclarar que este premio otórgase a tódalas obras que o compositor ten realizado durante o ano 2022 na que, efectivamente, destaca esta peza, Threnus Helianthuses (O queixume dos xirasois) e outra obra estreada en agosto de 2022 pola Orquestra Sinfónica de Galicia. Basicamente foi o feito de que, pouco despois da invasión rusa de Ucraína (24 de febreiro de 2022) lin na prensa unha convocatoria dun premio de composición en Rusia. As obras gañadoras estrearíanse na Gran Sala da Filarmónica de San Petersburgo, a máis antiga de Rusia.

Asociei as dúas ideas e compuxen a obra coa finalidade de denunciar a guerra de Ucraína no territorio inimigo, o do país agresor. Utilicei as obras dla poetisa ucraína Lesya Ukrainka (1871-1913) Para que o xurado non se dese conta do orixinal en lingua ucraína carreguei a tradución dos poemas do ucraíno ao inglés, envienos neste idioma en maio de 2022 e así foron cantados en inglés. Na miña partitura non mencionei en ningún momento á poetisa ucraína. Intitulei a miña obra Threnus Helianthuses. O queixume dos Xirasois, facendo referencia á flor nacional ucraína. Descoñezo se o xurado deuse conta ou non do feito pero o meu obxectivo non era gañar o premio senón que a obra finalmente se presentara en San Petersburgo para que se oíra a denuncia de Lesya Ukrainka de finais do século XIX, que é a mesma do que está ocorrendo dende 2022.

A obra de Lesya Ukrainka, significou para Vde. unha inmersión dentro dunha cultura tan pouco coñecida para nós como é dese país?
Loxicamente tiven que investigar e descubrín que a obra de Ukrainka é a máis famosa en idioma ucraíno do século XIX. Buscaba poemas de escritores ucraínos que denunciasen a opresión do imperio ruso. Debemos ter en conta que Ukrainka viviu nos tempos do zar Nicolás II e que, polo tanto, a situación no era moi diferente da actual.

Esta peza foi estreada en San Petersburgo en 2022. Tivo dificultades para estreala? Ten idea de como foi a receptividade do público ruso?
Era consciente de que tiven que disimular e ocultar datos para que a peza puidera ser estreada. O xurado estaba exclusivamente composto por compositores rusos. Para mín foi unha sorpresa que estivera entre as cinco seleccionadas; a miña foi a única obra estranxeira xunto ás doutros catro compositores y compositoras rusos. Estreouse o 15 de setembro de 2022 e foi retransmitida ao mundo por streaming. Obtiven o terceiro premio do certame.
Como era previsible, a prensa rusa ocultou tódala información da poetisa ucraína porque o evento foi financiado polo Ministerio de Cultura da Federación Rusa, así como polo Concello de San Petersburgo co patrocinio da Fundación Andrei Petrov. Non obstante a prensa estranxeira si reflectiu este premio e a denuncia da poetisa Ukrainka. Por razóns obvias non puiden ir a Rusia. Ao seren retransmitido por streaming puiden escoitar vía online esta obra que é sinfónico vocal.

“Nunca pretendín crear obras combativas senón artísticas”

Cre que a música pode ser un bálsamo alternativo para acadar a paz?
Creo que a música e a narrativa poden chegar a mover conciencias. Na historia da música, das artes e da cultura, poetas e escritores denunciaron anteriormente situacións como a que estamos a vivir coa guerra de Ucraína. Nunca pretendín crear obras combativas senón artísticas. Só quixen denunciar unha situación. Por exemplo, en 2022 fun produtor e director dun documental sobre os nenos mortos no campo de concentración de Auschwitz na que incluín pezas, “Cancións aos nenos mortos”, do célebre compositor austriaco Gustav Mahler (1860-1911)

Que outros proxectos profesionais ten agora en marcha?
En maio de 2024 estrearase unha obra miña na Coruña, coa Banda Sinfónica Municipal, que obtivo o terceiro premio nun certamen de banda sinfónica en Bélxica.

Pódese acceder á obra Threnus Helianthuses (O queixume dos xirasois) a través do seguinte enlace: https://vimeo.com/853401148

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.