A mocidade de Salvaterra participou no obradoiro sobre intelixencia emocional

En colaboración coa ANPA Chan da Ponte do IES local

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa ANPA Chan da Ponte do IES Salvaterra de Miño levaron a cabo este obradoiro impartido por Marta e Verónica de Latenting que buscaba aportar ós asistentes ferramentas e habilidades para o día a día.

Moi necesario é saber xestionar as nosas emocións e identificar as dos outros como tamén o é aprender máis sobre o modo no que tomamos decisións na nosa vida cotiá. A través de diferentes dinámicas, reflexións e intercambio de experiencias as rapazas e rapaces aprenderon máis deste proceso de toma de decisións e sobre as emocións.