“A ilusión do cambio” será o lema electoral de ‘Ponteareas en común’

Presentou oficialmente o seu programa electoral

Ponteareas/Ponteareas en común | Dende Ponteareas en común levamos meses traballando na construción desta alternativa política que chega chea de ilusión, xentes comprometidas e ideas de esquerda.

Presentamos a nosa web, froito do esforzo de moitas xentes e do traballo en equipo, onde podedes atopar os noso obxectivos políticos, o programa de goberno e as xentes que se comprometen con este espazo político. Imos, coa ilusión do cambio e as xentes comprometidas!

Para ver o programa, pincha neste enlace: https://ponteareasencomun.my.canva.site/