A Guarda ten novo vehículo para a recollida de lixo

Para mellorar a súa eficacia e seguridade

A Guarda | O Concello da Guarda ten entre outros obxectivos o de mellorar e facer máis eficiente o funcionamento do sistema de recollida separada de residuos.

Nesta liña, a vista da antigüidade da flota de camións de recollida de lixo, o concello comezou a súa renovación coa adquisición dun novo vehículo. A compra do novo camión foi financiada con fondos propios do concello da Guarda.

Este novo camión ten unha capacidade de carga de 2.300 Kg , cun incremento dun 42% na súa capacidade de carga, en comparación co camión antigo, ademais de contar cun sistema de compactación mais potente o que nos da como resultado un importante aumento na eficiencia do servizo.

O seu menor volume permite que sexa máis manexable, sobre todo nas rúas mais estreitas.
Co aumento da carga conséguese diminuír as viaxes a planta de transferencia o que representa un aforro económico e un aumento da produtividade do servizo ao reducir os tempos mortos.

Con este novo vehículo hai tamén unha importante mellora na seguridade dos traballadores xa que durante a recollida poden desprazarse dentro da cabina.

O equipo de goberno segue traballando na renovación e modernización dos servizos municipais co obxecto de responder mellor as demandas dos veciños e veciñas.