A Guarda proxecta o documental “Destruír é o Plan” sobre o deterioro da sanidade pública

Este xoves 9 presentado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda

A Guarda | A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda presenta o documental Destruír é o plan, elaborado pola plataforma SOS- sanidade pública.

O documental relata o desmantelamento e a privatización calculada da Sanidade Pública en Galiza e proxectarase o próximo xoves día 9 ás 20 horas no Centro Cultural da Guarda. Ao final da proxección haberá un coloquio no que participaran membros da Plataforma organizadora do evento.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.