A Guarda precisa Socorristas para esta temporada estival

Para garantir a seguridade nas súas praias

A Guarda | O Concello da Guarda precisa persoal para cubrir as prazas de socorristas de cara á inminente tempada estival e garantir deste xeito a seguridade nos areais da Praia fluvial do Muíño, na desembocadura do Río Miño e na Praia marítima de Area Grande, ámbalas dúas con Bandeira Azul.

Todas as persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir as prazas de socorristas no Concello da Guarda e que conten coa titulación esixida para o desempeño do traballo de socorrista, deberán anotarse nas oficinas do Servizo Galego de Emprego de Tui á maior brevidade posible.

Outros artigos