A Guarda acolle a Festas das Mercedes da Gándara

Do 2 ao 24 de setembro

A Guarda | Na xornada do mércores día 23 de agosto tivo lugar, no Salón de Plenos do Concello da Guarda, a presentación oficial da programación das Festas das Mercedes da Gándara 2023, contando coa asistencia do alcalde, Roberto Carrero; do presidente da Comisión de Festas, Juan Carlos, do concelleiro de Deportes, Celso Rodríguez Fariñas e do concelleiro de Deportes, Aser Estévez.

A programación de eventos e actividades na edición 2023 da Festa das Mercedes é unha programación moi extensa que congrega actividades deportivas, culturais, gastronómicas e de ocio, contando coa Baixada de Carrilanas, o Torneo da Cachiza, as Carreiras Pedestres, os concertos, as exposicións, a XXXV Festa da Zorza e moito máis.

As actividades arrancan na xornada do sábado día 2 de setembro coa VI edición da Baixada de Carrilanas, cun percorrido entre a Praza de Avelino Vicente (As de Copas) e o Porto da Guarda. As inscricións están abertas cun prezo de 10€ en rifas das festas con data límite ata o 31 de agosto chamando ao 649 887 379 ou 661 281 254, tamén participarán os Drift Trikes.

Seguindo a programación, na xornada do sábado día 9 de setembro terá lugar o XIV Torneo da Cachiza a partires das 16:00h na Rúa As Pozas, cunha inscrición de 10 € por parella que se realizará ata as 15:30h antes do torneo. Haberá premios e as inscricións se poden realizar nos teléfonos 669 031 798 e 680 340 784.

O sábado 16 de setembro a partires das 18:00h terá lugar a XXI Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, un evento deportivo gratuíto para o que é preciso realizar unha inscrición previa ata o 12 de setembro no teléfono 647 607 456 ou no enderezo opercamino@gmail.com, ou ben no mesmo día da carreira en horario de 16:30 a 17:30 h na mesa de secretaría da Carreira. Haberá un total de 8 categorías en función das datas de nacemento dos participantes e cunhas distancias entre os 100 m e os 6500 m.

A partires das 21:00 h do 16 de setembro terá lugar na Praza dos Seixiños o XI Serán que contará coa participación de diferentes grupos tradicionais e de pandeiretas da zona, haberá chocolate e biscoito para os asistentes.

O domingo 17 de setembro ás 20.00 h actuará os Reguefeiros(do Luar), Luis o Caruncho e Bieito Lobariña e os Veciños, para rematar a xornada co Grupo Folk Na Revolta.

O venres 22 de setembro a partires das 18:00 h comezarán as degustacións na XXXV edición da Festa da Zorza ata a media noite, cando realizarase a gran Queimada Popular e contarase coa animación da Charanga Patocar.

O sábado 23 de setembro a partires das 22:00 h arrancará a verbena coa actuación do Grupo Ritmo e rematando cun único pase o Grupo América.

O domingo 24 de setembro a partires das 9:00 h pasarrúas polas rúas do pobo a cargo do Trebón dos Xidos, ás 17:00 h  Xogos populares na Praza dos Seixiños e a partires das 20:00 h actuación da Escola de Danza “Dansá”.

Ademais do 16 ao 17 de setembro haberá unha exposición de maquetas de corcho elaboradas por Tino, o sábado 16 de setembro en horario de 17:00 a 21:00 h e o domingo 17 en horario de 19:00 a 2:00 h.

Actos relixiosos: Venres 15 comezo da novena ás 18:30h con rosario e misa e domingo 24 ás 12:30h Misa Solemne con sermón cantada polo Coro Cantábile e procesión acompañda polo Grupo de Gaitas A Boalleira.