A Festa da Rosa cédelle o protagonismo á Sanidade Pública de Mos

Con dúas enfermeiras como pregoeiras

Mos | O acto central da Festa da Rosa do Concello de Mos contará como pregoerias a Ines Alonso González, residente de enfermería familiar e comunitaria, recentemente premiada no VII Edición de Premios de Investigación en Atención Primaria e Comunitaria polo seu estudo sobre a detención precoz na Atención Primaria de problemas emocionais na mocidade e María Lorena Comesaña Diego, enfermera especialista de familia e comunitaria do Centro de Saúde de Mos.

O traballo titulado Xestión emocional na adolescencia, no que elaborou unha análise sobre unha poboación de 184 rapazas e rapaces mosenses, para o que contou coa colaboración do IES de Mos recibiú o primeiro premio da VII Edición de Premios de Investigación en Atención Primaria e Comunitaria, realizado pola residente de Enfermería Familiar Inés Alonso, do centro de Saúde de Mos, alerta da necesidade de tomar certos comportamentos e actitudes como evidencia de problemas emocionais que poden derivar noutras patoloxías.

O Concello de Mos aposta por darlle visibilidade a labor integral e social que o Centro de Saúde de Mos realiza na contorna polo que decidiu de forma unánime, contar coa presencia das dúas enfermeiras para realizar o pregón das festas.

O acto central da Festa da Rosa constará dunha misa na igrexa de San Mamede de Petelos as 11:00h, posteriormente as 12:00h se realizará o tradicional Concurso da Empanada de Millo incluida na festa gastronómica organizada pola asociación de Mulleres Rurais en colaboración co Concello de Mos e de seguido o Concurso de Rosas do Día da Rosa que inclúe novamente o premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación nun acto que será presentado por Alejandro Pérez e Cristina Maró.

Ao remate da entrega de premios dos ditos concursos haberá unha actuación musical da Banda de Música Xuvenil de Torroso na que interpretarán o himno de Mos cantado polo artista Antonio Barros entre outras pezas. A cita será o vindeiro martes día 13 de xuño na praza do Concello de Mos.

Sobre o premio
A identificación precoz en Atención Primaria de signos que alerten da presenza de problemas emocionais e condutuais na mocidade, a procura de recursos para o seu tratamento e a difusión á poboación e a contorna educativa da existencia de síntomas que permitan identificar esta situación é o obxectivo esencial do traballo realizado pola residente de Enfermaría Familiar e Comunitaria de segundo ano no Centro de Saúde de Mos, Inés Alonso González, e que lle valeu facerse co primeiro premio da VII Edición de Premios de Investigación en Atención Primaria e Comunitaria.

Nas súas conclusións esenciais advirte que a presenza de síntomas de depresión é a ansiedade son causas evidentes da existencia de problemas emocionais na mocidade; ademais de subliñar que existe unha relación directa entre problemas de autoestima e de conduta alimentaria (estes últimos destacados nas mozas) que deben ser tidos moi en conta na atención primaria para identificalos como síntomas desta patoloxía. Segundo a autora do proxecto -e citando fontes da OMS-, un de cada sete adolescentes padece algún tipo de trastorno mental.

Para chegar a estas conclusións, a premiada empregou o Sistema de Avaliación de Nenos e Adolescentes (SENA) que contempla variables sociodemográficas (xénero, idade, curso académico) e 29 variables cualitativas incluídas en 7 escalas: Problemas Interiorizados (depresión, ansiedade, obsesión, sintomatoloxía postraumática…); Problemas Exteriorizados (de atención, hiperactividade, control de ira, condutas desafiantes e antisociais…); outros Problemas Específicos (conduta alimentaria, esquizotipia, consumo de substancias); Problemas Contextuais (familiares, na escola, cos/coas compañeiros/as); Vulnerabilidades (regulación emocional e procura de sensacións) e Problemas de Recursos Persoais (autoestima, integración e competencia social).

Tras este estudio, e para unha mellor xestión destes problemas emocionais na etapa adolescente, Inés Alonso González propón a difusión no ámbito sanitario, educativo e mesmo na poboación, de información que permita unha identificación clara destes síntomas, ademais de potenciar a actividade comunitaria e os equipos de saúde mental na atención primaria. O xurado avaliou os traballos en función do seu interese para a práctica clínica en Atención Primaria, a súa orixinalidade, aplicación, impacto e metodoloxía.

Primeiro diploma Duque de Edimburgo para alumno de Mos
Na mañá de hoxe Nidia Arévalo acompañada de Julia Loureiro, concelleiro de educación, entrego baixo a atenta mirada da Dirección do Centro e do alumnado, a Nacho Cano de 16 anos que cursa 4º da ESO o recoñecemento como o primeiro estudante que completou a categoría Bronce. Nacho para iso realizou un voluntariado durante 9 meses ensinando español a inmigrantes de orixe africana.

O estudante de 16 anos logrou a categoría de bronce, primeira en Galicia. Este premio, o Diploma Duque de Edimburgo foi creado por Kurt Hahn unha das figuras máis influentes na educación internacional do século 20 XX Esta implantado no colexio mosense O Castro International British School desde hai dous anos

A partir de 2º de ESO hai tres categorías bronce, prata e ouro. Este prestixioso programa internacional mide habilidades dos estudantes que non son académicas son orientadas a outras aptitudes necesarias como a convivencia, o voluntariado, traballar en equipo vitais para que se convertan en Cidadáns Globais preparados para a seguinte etapa da súa carreira profesional e o seu crecemento persoal.