• Segue conectado
  • |

A feira de Ponteareas amplía os seus postos esta semana

Na Praza de Bugallal e na rúa Morales Hidalgo instalaranse os postos de produtos agrogandeiros e de alimentación


Ponteareas | Trala súa reanudación o pasado sábado con postos de produtores agrarios, a feira e o mercado de Ponteareas van ampliando o seu número de postos. Segundo informou o concelleiro Roberto Mera, este xoves 14 e o sábado 16, un total de 25 postos de produtos agrogandeiros e alimentarios instalaranse na Praza de Bugallal e na rúa Morales Hidalgo, respectando as distancias necesarias para a seguridade dos vendedores e consumidores.

O goberno local está xa estudando as fórmulas para continuar avanzando nas vindeiras semanas na incorporación ás feiras e mercados dos postos de venda de textil, calzado e bazar.

Publicado o 13 Mai 2020 en Ponteareas, Portada, Seguridade Cidadá.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies