A Deputación de Pontevedra reordena as súas Vicepresidencias

Rafa Domínguez será o Vicepresidente Primeiro e Laura Sánchez a Vicepresidenta Segunda

Pontevedra | A renuncia o pasado 19 de febreiro e posterior retirada da política de Marta Fernández-Tapias como Vicepresidenta Segunda da Deputación de Pontevedra deu lugar a que o presidente deste ente provincial Luís López tivera que reordenar o organigrama de principais cargos. Así nomeouse a Rafa Domínguez como novo Vicepresidente Primeiro e a Laura Sánchez como a nova Vicepresidenta Segunda.

Tanto como substituír ao presidente López ante calquera ausencia, Domínguez asumirá tamén as competencias de xacementos arqueolóxicos, con especial énfase no proxecto de rehabilitación do convento de Santa Clara e do seu entorno. Pola súa banda, a aposta pola viguesa Laura Sánchez asúmese como politicamente estratéxica para a Deputación: terá responsabilidades en Promoción Económica, Emprego e Deportes ademais de deputada delegada en Vigo.

Na súa toma de posesión Sánchez definiu o seu labor como a “interlocutora de referencia da cidade d Vigo e do seu entorno”. Intúese que Sánchez terá a partir de agora un peso político clave dentro da nova configuración do PP de Vigo trala marcha de Fernández-Tapias. Os ‘populares’ vigueses están actualmente baixo unha xestora coa dirección provisional da Delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.

Neste reordenamento de funcións destacan igualmente a do deputado e Alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, quen asumirá a partir de agora a área de Cultura ademais das que xa tiña de Xuventude, reto demográfico e desenvolvemento rural. Toda vez o arousano Javier Tourís asumirá a xestión da Estación Fitopatológica de O Areeiro, completando as súas competencias en acción comunitaria e equipamentos públicos.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.