A Deputación de Ourense ampliará ata 1,5 M€ o Plan de Vivenda

Axudará aos concellos a identificar vivendas e inmobles en ruína ou abandono

Ourense | O Pleno da Corporación provincial, tendo en conta unha iniciativa do grupo provincial socialista que pide apoio para as entidades locais na xestión de actuacións urxentes ante as edificacións ruinosas ou en risco de derrube, acordou aprobala.

Noutra proposta aprobada solicítanse medidas administrativas e legais para regularizar propiedades abandonadas, tanto rústicas como urbanas, como ferramenta de protección dos núcleos rurais para garantir a seguridade pública e previr incendios.

A Corporación tamén decidiu reclamar a ADIF, con carácter urxente e periódico, a eliminación de biomasa nas marxes das vías ferroviarias, en especial en zonas forestais, rurais ou próximos a núcleos de poboación, con actuacións prioritarias naqueles puntos nos que xa se teñen producido incendios

Entre as mocións aprobadas figura tamén a petición de ambulancias medicalizadas para o interior da provincia, en zonas clave como Verín e Valdeorras, un vehículo de Soporte Vital Avanzado de Enfermaría para a zona de Trives e Viana, e un máis de soporte vital básico na cidade de Ourense.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.