A Deputación apoia ao Ourense Club de Fútbol

Ante os decisivos partidos para manterse na Primeira Federación

Ourense | O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente do Ourense CF, Camilo Díaz, e o director xeral, Javier Quiroga, aos que trasladou o compromiso da institución provincial en apoio do club, tal e como vén de facer desde hai anos.

Menor e os representantes do Ourense CF abordaron diversos aspectos relacionados co equipo, entre eles as necesidades de espazo para os adestramentos. En nome propio e da Deputación, presidente trasladoulles todo o seu apoio cara o transcendental momento deportivo que vive o club, que precisa a vitoria nos próximos dous encontros contra o Talavera e o Tenerife para continuar na Primeira Federación.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.