A Coruña acolleu os Premios Fundación Española 2022

Con motivo do Día da Policía

A Coruña | O Palexco da Coruña acolleu o acto de entrega dos premios xornalísticos da Fundación Española 2022, unha celebración levada a cabo no marco dos actos centrais polo Día da Policía.

A alcaldesa Inés Rey agradeceu ao Ministerio de Interior á hora de escoller á cidade herculina como o fogar dos actos programados e puxo en valor “o traballo dos profesionais policiais como servizo público esencial para coidar da cidadanía”.

Nesta edición dos premios xornalísticos da Fundación Española homenaxeouse a seis persoas: Categoría de prensa escrita e dixital: Pablo Díaz Almoguera; Categoría de radio: Manuel Marlasca García; Categoría de televisión: Elena García Cedillo e Susana de Alonso Cuenllas; Aos valores humanos: Luis Muñoz Mero, policía nacional, destinado na Brigada Provincial de Seguridad Ciudadana da Xefatura Superior de Madrid.

Os XXX Xogos Florais de María Pita homenaxeará a María Casares
O Palacio Municipal acolleu o acto de presentación da trixésima edición dos Xogos Florais de María Pita, unha iniciativa promovida pola Real Orde de Cabaleiros de María Pita desde o ano 1992 e que conta co apoio do Concello da Coruña.

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo Mestre-Presidente da Real Orde, José Enrique Duarte, presentou as bases do certame literario de cara a este ano, no que se lle renderá homenaxe á figura de María Casares, complementando os actos de conmemoración do Ano Internacional María Casares, postos en marcha polo Goberno municipal no contexto do centenario do nacemento da actriz coruñesa.

O prazo de entrega dos traballos, premiados con 2.000 euros na categoría sénior e con 1.000 na categoría xuvenil, finaliza o vindeiro 13 de novembro.

O veredicto do xurado, para dar a coñecer as persoas gañadoras do certame poético nesta trixésima edición dos Xogos Florais, terá lugar o vindeiro día 20 de novembro, ás 19.00 horas, no Teatro Colón.

A poeta Yolanda Castaño presentará o acto de entrega de premios, no que tamén participará o historiador Xosé Alfeirán.