A Coral Polifónica de Arbo celebra o seu 25 aniversario

O acto terá lugar o vindeiro 13 de novembro no Auditorio Multiusos

Arbo | A Coral Polifónica de Arbo foi fundada no ano 1996, coa finalidade de contribuír á difusión do canto tradicional e popular no seu máis pura esencia, creando unha unión con outros pobos e outras culturas, contando sempre co apoio do Concello de Arbo

Esta composta por voces mixtas, e dende o seu inicio esta dirixida por D. Víctor Fernández Nogueiras, gran profesional da música e gran experto en dirección de masas corais.

A Coral de Arbo empezou a súa actividade participando en misas e concertos a nivel local e comarcal.

A medida que a súa formación foise consolidando, as súas actuacións foron máis relevantes, chegando a percorrer moitos pobos e cidades de Galicia e moitas outras de España.

Formou parte da Organización de Encontros Internacionais do Baixo Miño, que cada ano celébrase en distintas cidades de Galicia e Portugal.

Realizou varios concertos acompañando á banda municipal de Arbo, interpretando concertos liricos, opera, musicais,e etc… sendo colaboradora no Certame Galego de Corais Vila de Arbo que organiza o Concello e noutros moitos actos. Dende o Concello de Arbo desexamos larga vida á Coral Polifónica de Arbo.