A contacontos Lorena Pinheiro chega ao parque da Perillana coa historia “Chimpos e brincos nos carreiros”

Ponteareas | A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, dentro do programa de promoción da lectura “Ler conta moito” organiza a actividade “Chimpos e brincos nos carreiros” da man de Lorena Pinheiro.

Todas as familias que queiran gozar das historias desta afamada contacontos terán unha cita este xoves día 12 de setembro ás 18 horas no parque da Perillana.