A CIG e o republicanismo

Como todo o mundo sabe, a CIG é un sindicato de esquerdas (de clase) nacionalista galego. A CIG-prisións -aínda estando a Admón. Penitenciaria no Ministerio do Interior, por decisión do PSOE- ten dereito a discrepar da política penitenciaria, a defender o idioma e a cultura galegas, a difundir o pensamento de Castelao e a exercer o seu labor sindical, sen sufrirmos o acoso e as represalias diso que algunha xente chama “Estado profundo”.

España é un estado plurinacional, que non recoñece a súa condición como tal e que nos oprime a tod@s. O pobo galego ten dereito á súa liberdade, a que se recoñeza a súa soberanía nacional e a traballar para acadala. Comprometerse libremente co nacionalismo galego e con Galiza, a pesar do duro camiño, pode ser unha fonte de satisfación. Hai que facerlle ver á sociedade española e á esquerda acomodaticia, que esta monarquía para lamentar (como dicía “O Carrabouxo) non é aceptábel.

“Comprometerse libremente co nacionalismo galego e con Galiza, a pesar do duro camiño, pode ser unha fonte de satisfación. Hai que facerlle ver á sociedade española e á esquerda acomodaticia, que esta monarquía para lamentar (como dicía “O Carrabouxo) non é aceptábel”

A República non só é poder votar ao xefe do estado, o republicanismo defende uns valores cívicos, un ideal de xustiza social e territorial, de igualdade e fraternidade, que non ten este Réxime do 78. A CIG como sindicato é republicano e nacionalista.  E trátase dun sindicato legal.   En prisións non ten moita afiliación, porén a CIG é o sindicato de Galiza con maior arraigo popular.

 

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.

Outros artigos