A cantante Sés actuará nas Festas do Patrón en Mos

O sábado 7 de agosto ás 21:00 h

Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, membros do equipo de goberno local mosense e representantes da Comunidade de Montes, do Centro Cultural e da Comisión de festas de San Mamede presentaron esta mañá a programación cultural das festas do patron que terán lugar os días 6 e 7 de agosto.

Os actos comezarán o venres 6 de agosto a partir das 20:00 horas nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, co concerto “Amantes da Terra” de Andrea Pousa. Os teloneiros emcargados de darlle paso a Andrea Pousa serán os integrantes locais do grupo de gaitas RUADA de Torroso.

O sábado 7 de agosto chegará o festivo local e con el a celebración do día grande, no que os mosenses poderán disfrutar dunha gran tradición, a das Bandas de Musica. Será a Banda de Musica Xuvenil de Torroso a encargada de amenizar o mediodía.

“O sábado 7 de agosto chegará o festivo local e con el a celebración do día grande”

Xa pola noite, ás 20:00 h, actuará a Banda de Musica de Ribadumia, que fará a súa actuación a través do programa “O País das Bandas” posto en marcha pola Xunta de Galicia.

Continuando coa programación, o mesmo sábado 7 ás 21:00 h chegará o Concerto de SÉS subencionado na sua totalidade pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través dos Fondos de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Sobre este concerto a redexora local mosense declarou que “estou segura de que será maravilloso, será de seguro todo un éxito xa que SES representa a esa música que tanto lle gusta á xente nova; ademais nun entorno tan ideal coma esa zoa exterior do Centro Dotacional de Torroso, a posta en escea será inesquecible”.

Pola súa parte, a Concelleira de Cultura, Sara  Cebreiro manifestou que “dende o Concello de Mos configuramos unha programación que ten como obxectivo base o fomento da cultura, ensalzar un día sinalado e importante do calendario da nosa localidade, e por suposto ofrecer alternativas de ocio e disfrute a todos os públicos e sin ter que sair de Mos”.

Tal como indican desde a administración local, poñendo en marcha esta programación despois de un duro ano de pandemia que afectou tremendamente á cultura, saliéntase a riqueza cultural de un pobo e ao mesmo tempo festéxanse estes días tan importantes para Mos.