A Cañiza solucionará o problema das depuradoras e colectores municipais

Co apoio da Confederación Hidrográfica Miño-Sil

A Cañiza | Esta mercantil será a encargada de redactar o estudo de alternativas de saneamento e depuración no Concello despois de ter analizado íntegramente a problemática das Edar Urbana, Industrial, de Valeixe, Luneda e Achas. A actuación tamén contempla a redacción dos proxectos para a mellora destas instalacións.

Segundo comunicou o Alcalde esta mañá “é a primeria vez que CHMIÑO-SIL coopera co Concello para tratar de dar solucións aos verdadeiros problemas que afectan aos sistemas de depuración actuais e que provocan os incumprimentos en materia de verquidos e polo tanto a imposición de continuas multas superiores aos 30.000€ por cada expediente sancionador aberto”.

“Conseguimos que dende a Confederación se solidaricen coa situación de indefensión en materia de verquidos na que actualmente se atopa o Concello, sendo imposible depurar as augas residuais nos términos que nos obrigan as respectivas autorizacións”.

“O Concello da Cañiza ven sufrindo esta situación de desamparo dende hai máis dunha década, por iso a actuación que hoxe presentamos é a mellor noticia en materia de depuración dos últimos anos”.

Para poder determinar qué pasa exactamente cos sistemas de depuración do Concello, en concreto coa EDAR INDUSTRIAL, EDAR URBANA e a EDAR de VALEIXE, a empresa ANTEA IBEROLATAN SLU, adxudicataria da actuación promovida pola CHMIÑO-SIL, comezou o pasado 11 de abril os traballos de estudo integral da situación actual destas EDARS.

Este traballo está basado nun estudo inicial promovido polo Concello e redactado por unha enxeñería externa que o Alcalde presentou ao Presidente da Confederación.  Tras diversas reunións de traballo entre o Concello e Confederación, conseguiuse o compromiso deste Organismo para colaborar na evaluación da situación actual dos sistemas de saneamento e depuración municipais, redacción de proxectos e  aplicación de medidas correctoras.

A raíz deste estudo inicial do Concello, técnicos da propia Confederación retomaron a evaluación para determinar as posibles causas dos problemas de verquido derivadas das EDARS municipais.  Exceso de caudal de chegada á EDAR Urbana, baixa carga da EDAR Industrial e problemas con verquidos de metal,  problemas de desbordamentos nas EDAR de Achas e Valeixe, etc.  Á difícil orografía do Concello e tamén a existencia de numerosos saneamentos construidos polo propio Concello no pasado sen autorización nin proxecto, nin control de obras, son outras posibles causas da actual situación.

Unha problemática que agora a empresa ANTEA IBEROLATAN SLU terá que estudiar en profundidade para dar unha solución e redactar os proxectos que sexan necesarios para correxir os sistemas.