A Cañiza presentou a LVI “Feira-Festa do Xamón”

Que se celebrará o 15 de agosto na Carballeira do Cacharado

A Cañiza | O Alcalde Luis Piña presentou no complexo hosteleiro «Os do Resero» esta nova edición da Feira en compañía do Deputado Provincial Santos Héctor e do Presidente da Cámara de Melgaço, Manoel Batista.

Tamén estivo presente Víctor Burgos, profesional xamoneiro, embaixador do noso xamón e director do VII Certame de Cortadores de Xamón que tamén se celebrará o día 15 na Carballeira, en paralelo á Feira.

Ademáis acompañaron ao Alcalde os Concelleiros Rubén Muiños e Paula Bacelar. Como novidade o Alcalde presentou unha nova especialidade: a tapa de empanado de xamón que ven a completar a oferta de tapas e a unirse á famosa tapa de xamón curado, xamón asado, empanada de xamón e tortilla de xamón.

As racións venderanse todas a 6 €uros, incluindo unha tapa destas especialidades a elexir, con pan, auga e un vaso de viño das adegas do val de Valeixe, Eido da Fonte e Abelán.

O Alcalde agradeceu e felicitou aos cociñeiros do Restaurante Os do Resero pola elaboración dalgunhas das tapas desta presentación, sobre todo da empanada de xamón, que este ano tiña a figura dun verdadeiro xamón.

Tamén agradeceu a Víctor Burgos polo excepcional deseño dos seus pratos de xamón, que dende hai anos teñen aceno de identidade propio.

O Deputado Santos Hector, en nome da Presidenta da Deputación Carmela Silva, felicitou aos cañicenses e aos artesáns restauradores pola excelente gastronomía da que dende sempre se presume na Cañiza. Agradeceu a invitación do Alcalde e convidou a todas as xentes a visitar A Cañiza, especialmente neste 15 de agosto.

Pola súa banda, Manoel Batista, Presidente da Cámara do municipio «amigo» de Melgaço, despois de ter agradecido a invitación, lembrou que estamos no proceso de constitución da Eurocidade do Miño, da que forman parte os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente, As Neves e Melgaço que precisamente ten como obxectivo principal promover e divulgar os activos e potenciais turísticos, gastronómicos e empresariais da nosa zona.

Batista tamén fixo mención á unión e fraternidade que dende sempre houbo entre as xentes de Melgaço e A Cañiza e que tiña como nexo de unión: o xamón.

A presentación rematou coa intervención do Alcalde Luis Piña quen, tras presentar a Festa nesta 56 edición, despois do parón de dous anos, motivado pola Pandemia e os efectos da COVID-19, fixo un chamamento e invitación extensiva a todos os galegos e visitantes que este 15 de agosto desexen pasar unha boa xornada na Cañiza, nun ambiente cheo de festa e de actividades pensadas por e para toda a familia.

Tamén quixo facer un guiño aos nosos tres centenarios cabezudos (a parella e o indio) que todos os 15 de agosto nos acompañan nas nosas festas e que acumulan dende hai máis de 120 anos testemuñas das feiras, festas e do sentir dos nosos veciños e viaxeiros.

A edición deste 2022
O 15 de agosto A Cañiza celebra a 56 edición da súa FEIRA DO XAMÓN, cita gastronómica ineludible no verán da nosa Comunidade Autónoma.

A Festa volverá a celebrarse na centenaria Carballeira do Cacharado, emprazamento que durante máis dun século foi testemuña das importantes feiras agrícolas e gandeiras de A Cañiza e os seus arredores.

Neste mesmo emprazamiento celebrarase o VII CONCURSO NACIONAL DE CORTADORES DE XAMÓN. Todo un placer para os sentidos, o padal e a vista ao conseguir crear con liscos de xamón auténticas obras de arte culinario.

No vos podedes perder esta ocasión única!!. vos agardamos

A Terra do Xamón en Galicia
E o é por varios factores pero principalmente porque posúe un microclima especial, único e idóneo para a curación dos produtos cárnicos.

Clima seco e frío, altitude ideal e temperatura adecuada: conxugación perfecta para que se curen no seu grado máis óptimo os mellores xamóns, lacóns, chourizos e demais produtos do porco.

A longa tradición xamoneira, os anos curtidos neste oficio e algún segredo dos nosos profesionais, conferiron ao Xamón de A Cañiza a denominación de excepcional.

Queremos convidarte a que visites A Cañiza en calquera época do ano, especialmente o 15 de agosto, data na que celebramos a Festa –Feira do Xamón na centenaria Carballeira do Cacharado e que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como a “Terra do Bo Xamón en Galicia”.

PROGRAMA DO 15 agosto 2022
XORNADA GASTRONÓMICA a partires das 11h00

Carballeira do Cacharado da CAÑIZA. Travesía da Feira (A 200 m. do acceso da Autovía A-52 Rías Baixas)

A Cañiza celebra a súa 56 FEIRA DO XAMON o 15 de agosto nunha xornada que por 7º ano ofrecerá tamén xamón cortado a man. Este ano celebrarase a VII Competición de cortadores profesionais de xamón.

Todas as racións de xamóns cortadas no concurso destinaranse á venda, polo que está garantizado o sabor e a frescura deste exquisito produto.

11:00. Venda de tikets para adquisición das distintas racións elaboradas con xamón: xamón curado, asado, empanada e tortilla de xamón. Ademáis este ano incorpórase como novidade a tapa de empanado de xamón.

As racións estarán á venda por 6 € e inclúen : 1 tapa de xamón a elixir entre as especialidades anteriores, acompañada de pan, unha botella de auga e un vaso de viño das adegas do val de Valeixe, “Eido da Fonte” ou “Abelán”.

11:00. Comezo da competición de especialistas de corte de xamón

12:00. Desfile da Comitiva encabezada polos centenarios “Cabezudos” da Vila e os pequenos da localidade ataviados cos traxes rexionais portando as bandexas de xamón (desfile dende a Casa Consistorial (r/Oriente, 11) ata a Carballeira do Cacharado.

12:30. Actuación do Grupo Folk “Os do Cruceiro” da Cañiza

13:00. Actuación a cargo do Grupo Folclórico e Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe.

13:30. Actuación da Charanga “Evaristo”

19:00. Espectáculo de animación infantil na Rúa Oriente coa compañía “ANIMAR-T” e o seu espectáculo “O Paxariño”

19:00. Torneo de Fútbol “festa do xamón” no Campo Municipal do Vieiro

Verbena FIN DE FESTA ata a madrugada a cargo da ORQUESTRA CHARLESTON BIG BAND e o GRUPO ATENAS

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos