A Cañiza presenta o seu Calendario 2023

Unha selección de 13 imaxes paisaxísticas e da arquitectura popular

A Cañiza | Como en anos anteriores, o novo calendario ten a intención de amosar os lugares máis emblemáticos e senlleiros do noso Municipio.

Recunchos que foron capturados polo fotógrafo Víctor Barros coa intención de valorizar a nosa natureza, a nosa paisaxe e o noso patrimonio arquitectónico civil como a fonte dos “Dous Canos” na Cañiza, o muiño de Luneda, as mámoas de Achas, a ponte de Noceifas no Couto, a fonte de Prado na Franqueira, o Cruceiro da Igrexa de Oroso, a Capela  do Santo Cristo da Miranda en Valeixe, o lavadoiro do Regueiro na Cañiza, o Pazo do Cervellón no Feirón de Parada, o Neveiro dos Frades na Franqueira, os canastros da Eira de Deva en Petán, o Paso das Lagoas no rio Deva en Pintelos-Valeixe e pechando o calendario o espazo do antigo Balneario das Augas Férreas.

Un lugar e un momento para cada unha das nosas parroquias e do casco urbano.
Trece localizacións elexidas cuidadosamente con outras tantas imaxes parellas para “Dar Vida” ao novo programa turístico virtual que se pode consultar xa no enderezo https://caniza.org/gl/turismo/recunchos

Por outra banda dende o Concello queremos deixar constancia da “errata de imprenta” que aparece no calendario que se repartiu polos domicilios durante estes últimos días e que no mes de xullo, sitúa a celebración do Santísimo Cristo da Agonía no día 10 de xullo . A celebración do Santísimo Cristo da Agonía da Cañiza, celebrarase o segundo domingo do mes de xullo, neste ano o 9 de xullo, como así se ven mantendo dende tempos inmemoriais. Pedimos disculpas por esta “errata”, que neste calendario de redes xa está corrixida.
Agardamos que podades disfrutar deste novo traballo, que este ano vai máis alá da súa faceta como calendario, converténdose tamén nun folleto turístico e nunha invitación a coñecer máis e mellor o noso Municipio.