A Cañiza presenta o libro “Historia da Vila das Achas”

Unha obra realizada polas veciñas e veciños desa parroquia cañicense

A Cañiza | O pasado 20 de xaneiro o Concello da Cañiza e os veciños das Achas presentaron o libro “Historia da Vila das Achas”. Unha agardada obra na que participaron durante máis de dúas décadas homes e mulleres desta parroquia que quixeron deixar a súa pegada neste proxecto cultural.

Unha contribución que servirá para que hoxe, todos nós, poidamos descubrir e gozar da historia de Achas, as súas costumes, oficios, construccións, lendas, romarías, cancioneiros e centos de imaxes que dan testemuño de grandes e pequenos acontecementos vividos.

Dende o Concello da Cañiza, o Alcalde Luis Piña agradece a iniciativa, traballo e tesón dos autores deste libro sobre as orixes dunha das parroquias que conforman o noso territorio.

Unha obra que a partires de hoxe pasará a formar parte dos fondos bibliográficos dos centros escolares da Cañiza e das bibliotecas da Cañiza e de Valeixe.