A Caniza honra a tradición do Santísimo Cristo da Agonía

O Concello celebrou este 12 de xullo a Misa Solemne e procesión polas rúas

A Caniza | Conservando a tradición existente desde hai máis de dous séculos, o Concello da Caniza celebrou este 12 de xullo a festividade do Santísimo Cristo da Agonía na que centos de veciños, devotos e visitantes participaron na Misa Solemne celebrada na Igrexa Parroquial de Santa Teresa, continuando coa procesión polas rúas da vila acompañando as imaxes do Santísimo Cristo da Agonía e da Virxe dos Dolores.

Nos actos estiveron presentes o Alcalde Luis Piña, a dedicación da Parroquia de Santa Teresa, da Comisión do Cristo, da Asociación Cultural Santo Cristo da Caniza, da Coral Polifónica Santa Teresa e da Banda da Brilat Galicia VII, así como persoas voluntarias que elaboraron a alfombra floral que luciu no cruceiro do Santísimo Cristo no Cacharado, entidades colaboradoras, comerciantes e hostaleiros. O Concello destinou este ano máis de 12.000€ ao apoio loxístico e organizativo da procesión. Por segundo ano consecutivo retrasmitiuse en directo toda a procesión a través da canle municipal oficial de YouTube.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.