A Cañiza estrea nova sinaléctica da Vía Mariana Luso-Galaica

Na Etapa 7 na Franqueira

A Cañiza | A poucos días de celebrarse a Romaxe das Pascuillas na Franqueira, o vindeiro luns 20 de maio, festivo local na Cañiza,  o Alcalde da Cañiza Luís Piña achegouse ata o emprazamento da nova sinal acompañado do Párroco Javier Alonso Docampo, a Presidenta da Asociación da Vía Mariana, María José Silva e o Secretario Miguel Anxo Antón.

Piña explicou que continuando na liña de colaboración entre o Concello e a Asociación da Vía Mariana “sufragamos o coste deste novo cartel que anuncia a Etapa 7 na Franqueira, cun investimento de 408,39€”.

O novo panel, diseñado pola Asociación co visto e prace do Concello, informa da chegada á séptima etapa da Via, que dende Parada de Achas ascende por sendas de montaña pasando polo “Neveiro dos Frades” ata os 940 m. de altitude do “Coto da Vella”, lugar destacado polas súas vistas infinitas. O trazado descende dende aquí ata o Santuario da Franqueira polo Vía Crucis baixo a Gran Cruz da Paradanta. Esta etapa de gran beleza natural da paso a  Covelo, a través de Prado da Canda e a Lamosa.

A Vía Mariana: un importante proxecto turístico, cultural, relixioso, económico,  social e tamén altruista e ambicioso, feito coa suma de talentos e vontades, con moitos obxectivos á vista.

A Vía Mariana ten o seu Km Cero en Braga (Portugal) no Santuario do Sameiro, atravesa 5 cámaras portuguesas e entra en Galicia por Arbo ata chegar a Muxía recuperando do esquecemento estradas extraordinarias para xuntar santuarios. Goaes, Soajo, A Peneda, Melgaço, así ata chegar ao noso Santuario da Franqueira.

Dende aquí a vía segue en Santiago de Covelo, Santa María de Estacas, Santa María de Augasantas, Santa María de Sacos, Os Milagres de Amil, Valga, Iria Flavia, Santiago de Compostela, Negueira, Baiñas e Muxía, onde conclúe.

Cun percorrido de 400 km, programado en 18 etapas ten como principal obxectivo “crear sinerxias para favorecer as zonas rurais máis deprimidas coñecidas como deserto verde, fixar poboación, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e ponderar a nosa riqueza paisaxística e patrimonial. Esta vía tamén está concebida como un punto de encontro espiritual”.

Na actualidade conta con 70 promotores entre institucións públicas e privadas, asociacións, comunidades de montes e particulares.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.