A Cañiza entrega os premios de poesía e relato “Letras Galegas 2023”

O alcalde Luís Piña fixo entrega dos diplomas aos catro concursantes gañadores

A Cañiza | Dentro dos actos previstos polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura Rubén Muiños, fixo entrega este 17 de maio dos diplomas e premios aos catro concursantes gañadores do XXIV Concurso de Poesía e do XXII Concurso de Relatos ou Narraccións Breves, convocados polo Concello da Cañiza. A entrega de premios celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Premiados de cada modalidade: XXIV Concurso de poesía.

1ª Categoría (6 a 12 anos). Premiado con 120€ e diploma: Éric Lorenzo Fernández co poema ” A Pinga”

2ª Categoría (13 a 17 anos). Premiado con 120€ e diploma:  Álvaro Machado Puga co poema “Qué é a poesía?”

XXII Concurso de relatos.

1ª Categoría (6 a 12 anos). Premiado con 120€ e diploma: Daniela Lopes González co relato ” O Lobisome Galego ”

2ª Categoría (13 a 17 anos). Premiado con 120€ e diploma: Iria Fernández Giráldez  co relato ” Realidade”

O xurado, integrado por un equipo de profesores de galego dos Centros Educativos da Cañiza, valorou os traballos en base aos criterios de creatividade e orixinalidade da obra e a súa forza expresiva.

Unha vez rematada a entrega de premios, o Alcalde quixo felicitar a todos os concursantes pola súa implicación e por ter contribuido a elevar cada ano o nivel literario destes certames.

Luis Piña salientou tamén a orixinalidade de todos os traballos e emprazou aos participantes a volver a presentarse aos concursos de 2024.