A Cañiza celebrará este 4 de xaneiro a súa Cabalgata de Reis 2024

As súas Maxestades de Oriente visitarán todas as parroquias do Municipio

A Cañiza | Os Reis Magos e a súa comitiva percorrerán, repartindo caramelos e a ritmo de batucada as rúas da nosa vila para que todas as nenas e nenos os poidan saudar.

Tres carrozas reais con paxes e acompañantes entre zancudos, mariposas, osos, maniquís e cabalos xigantes luminosos, ademáis de bailaríns e patinadoras compoñen este ano o desfile que comezará sobre as 18.30h na zona do Rañadoiro para percorrer as principais rúas do casco urbano e rematar no Auditorio da Casa de Cultura, onde serán recibidos con fogos de artificio.

Neste Auditorio, os Reis de Oriente farán a súa Recepción Real, saudando a todo/as o/as neno/as e recibindo as súas cartas e desexos.

Antes do percorrido pola Cañiza, as súas Maxestades visitarán por cuarto ano consecutivo todas as parroquias do noso Concello seguindo este horario:

Parroquia da Franqueira ( lugar de encontro: no Cebreiro) : ás 14.30h

Parroquia de Luneda (en San Roque): ás 15h

Parroquia de Parada ( diante da Igrexa) ñas 15.20h

Parroquia de Valeixe ( na explanada da “Hermandad”) ás 15.40h

Parroquia do Couto (diante da Igrexa) ás 16.05h

Parroquia de Oroso ( diante da Igrexa), ás 16.25h

Parroquia de Petán (diante da Igrexa): ás 16.45h

E Parroquia de Achas ( diante da Igrexa), ás 17.05h

A continuación as Maxestades de Oriente saudarán aos nosos maiores na Residencia Nosa Señora do Rosario de Valeixe, no Centro Xeriátrico Santa Teresa da Cañiza e no Centro de Día Anxo. Como ven sendo tradición, o Concello convidará a todos os residentes a merendar con pasteis de Nadal.

Para rematar Os Reis Magos desexarán á Cañiza, especialmente aos mais cativos, moita saúde e felicidade para este ano 2024.