A Cañiza aproba Plan de Saneamento Financeiro

Para solicitar a Hacienda a rebaixa do 25%

A Cañiza | Para solicitar a Hacienda que nos rebaixe só o 25%, o Concello da Cañiza ten que presentar un Plan de Axuste ou Saneamento das finanzas. Se Hacienda acepta este Plan podería rebaixar a retención a 23.000,00€/mes.

Esta retención ten o seu orixe nos “Dous Mecanismos de Pago de facturas a Proveedores” que de forma obrigatoria o Concello tivo que asumir nos anos 2022 e 2023 debido a que A Cañiza non cumpriu coas súas obrigas de pago no tempo que marca a lei: “superior a 60 días e excesivamente elevado no tempo”.

Soamente 98 concellos dos 8131 de toda España estiveron obrigados a cumprir con este mecanismo polo que A Cañiza declarou a cantidade de 2.769.008,52 € de facturas pendentes de pagar dende o ano 2014.

A través do Primeiro Mecanismo do ano 2022 o Concello declarou á Axencia Tributaria 1.240.415,52 € en facturas pendentes e no ano 2023 un total de 1.528.593,00€.
O Mecanismo de Pago a Proveedores foi unha ferramenta que permitiu pagar todas as facturas que estaban pendentes dende hay case 9 anos e cumprir coa obriga de pagar o debido.

Pero nun comunicado que o Concello publicou o pasado 3 de maio, xa avanzou que, con todo, estas dúas obrigas de Hacienda traerían consecuencias para os ingresos do Concello, porque teríamos que devolver estas cantidades. O que non se sabía era a cantidade mensual.

A devolución destes  2.769.008,52 €, se practica a través das retencións dos ingresos que o Concello percibe do estado ( pola Participación nos Tributos do Estado) e que A Cañiza se corresponden 92.000,00€/mes.

Ao reter Hacienda o 50% o Concello deixa de ingresar cada mes 46.000,00€. un total de 552.000,00€ menos ao ano.

Con todo o Concello pode solicitar a rebaixa desta retención ata o 25% (aclarar que esta é unha potestade de Hacienda,  que é quén decide canto vai rebaixar en función da situación de cada concello). O Artigo 117 da Ley de Presupuestos Generales del Estado 2023, permite esta rebaixa sempre que a Corporación acredite a existencia de graves desfases na tesourería.

A situación económica do Concello acredítase co Informe de Intervención e a redacción dun Plan de Saneamento Financeiro que informe a Hacienda da folla de ruta ou accións que o Concello realizará para poder sanear a súa economía e que Hacienda terá que fiscalizar e analizar para comprobar a súa viabilidade e aplicación efectiva.

Neste Plan redactado polos servizos de intervención municipal se ten en conta unha moderada actualización de 3 impostos e 3 taxas municipais ( que non chegan siquera para amortizar as retencións de Hacienda no hipotético caso de que se rebaixen ao 25%)

Con estes antecedentes, no Pleno deste xoves 30 de novembro, aprobouse este Plan de Saneamento Financeiro que contempla a citada actualización de impostos e taxas (sen regularizar dende hai máis dunha década e no caso do Imposto de vehículos dende o ano 2004), recortes no gasto corrente e revisión e amortización dos postos de traballo vacantes por xubilación ao algunha outra causa.

Todas estas medidas están adoptadas para poder equilibrar os capítulos de gastos e ingresos nos vindeiros exercicios, pero que o Alcalde xa avanzou que “será moi complicado conseguilo se o Ministerio de Hacienda non rebaixa a retención, xa que á grave situación económica do noso Concello, herdada de mandatos anteriores, hay que engadir a carestía da prestación dos servizos pola nosa configuración territorial: un territorio de 108 Km, cunha poboación altamente diseminada e barrios pouco poboados”.

Continúa manifestando o Alcalde que “tampouco podemos sacrificar máis aos nosos veciños, que non teñen a culpa de que non se teña gobernado antes con responsabilidade atendendo ás posibilidades económicas do Concello”.  “con todo non podemos deixar de realizar o noso traballo, ainda que sabemos que estas decisións son difíciles e máis nos tempos que estamos vivindo coa carestía e aumento de prezos do Mercado”.

Remata o Alcalde manifestando que “esperamos que o Ministerio de Hacienda teña en conta o sacrificio que todos os cañicenses estamos facendo asumindo a actualización dos impostos e taxas e os recortes en determinados gastos e que nos conceda a rebaixa da retención ata o 25% . De non ser así o Concello deixará de percibir 552.000,000€/ ano. Se conseguimos a rebaixa os ingresos do Estado pasarían de 1.104.000,00  a 828.000,00€”

Por outra banda o Alcalde aclarou esta mañá que “o Concello non está intervido por Hacienda, senon que ten que devolver os 2.769.008,52 € que o anterior Goberno do PP non foi quen de pagar, a pesares de realizar o gasto.

A situación actual ven derivada da  falta de rigor e inadecuada praxis municipal do Goberno anterior, e invito a todos os veciños que teñan dúbidas a comprobalo en instancias municipais”.