A aula CeMIT do Porriño prosegue cos cursos de alfabetización dixital

Desde a súa apertura hai uns meses, a aula da rede CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) do Porriño acolle cursos de alfabetización dixital. Decenas de porriñeses acoden a esta sala, no Multicentro de Torneiros, para formarse nesta materia.
O pasado 8 de novembro finalizaba un dos cursos de iniciación á informática e o 9 de novembro deu comezo outro de iniciación a Internet, a través do cal os asistentes aprenderán a utilizar os servizos básicos do ciberespazo (procura de información, correo electrónico, etc). Asemade, o luns 14 de novembro iniciouse outro curso, nesta ocasión centrado especificamente en Microsoft Excel.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!