A activista Amelia Tiganus presenta a escolares da Guarda o cómic “Historia dunha Loita”

Unha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución

A Guarda | Os días 12 e 19 de maio, alumnado de 1º de Bacherelato do IES A Sangriña da Guarda participará na presentación do Comic “Amelia: historia dunha loita”.

Esta actividade, organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda, realizarase en horario de tarde no Centro Cultural de A Guarda, onde Amelia Tiganus, realizará esta presentación a través de videoconferencia.

O cómic “Amelia: historia dunha loita” basease nunha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución desde a óptica de Amelia Tiganus. Este proxecto nace en forma de cómic xa que ler un cómic ofrece un acceso inmellorable a un determinado grupo da poboación máis moza que, co emprego doutros medios máis tradicionais, veríamos comprometido o obxectivo principal de chegarlles directamente e sen recelos, sendo un instrumento ideal para conectar da maneira más eficiente con este público.

Amelia Tiganus estivo hai dous anos na Guarda nun relatorio que se desenvolveu de forma presencial dirixido ao público en xeral e agora, para completar esta acción, decidiuse centralo na poboación máis nova a través da presentación deste cómic.

Amelia Tiganus é una activista feminista , nacida o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.

“Amelia Tiganus é una activista feminista , nacida o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español”

Trátase dunha actividade financiada polo Pacto de Estado con cargo á asignación recibida do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.

O CIM da Guarda adquiriu tamén exemplares deste Cómic para repartir de forma gratuíta entre as bibliotecas dos centros educativos da Guarda con alumnado de educación secundaria, Bacharelato e FP, así como para o punto lila da Biblioteca Municipal da Guarda.