
Ourense | A Asociación de Pais e Nais de persoas con discapacidade intelectual (Aspanas) abríu ao tradicional mercadiño solidario de Nadal. Manuel Pardo, delegado da Xunta de Galicia en Ourense, valorou os proxectos que están a levar a cabo esta entidade no eido das necesidades das persoas que sofren algún tipo discapacidade.
Na visita, Manuel Pardo destacou que un ano máis este mercado permite dar visibilidade ao traballo que realizan os usuarios e profesionais desta asociación.
Así mesmo, lembrou que a Xunta de Galicia mantén unha ampla rede de colaboración coas organizacións do terceiro sector para seguir impulsando a atención de calidade das persoas con discapacidade.
Aspanas é unha asociación de familiares de persoas con discapacidade intelectual de Ourense. O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias así como a integración individual e a normalización da súa propia contorna.
Trátase dunha entidade sen ánimo de lucro creada en 1966 e declarada de interese público en 1970.




