A Fundación Guláns cede os terreos para o Centro de Día de Ponteareas

Formalizada a cesión coa sinatura da escrita pública ante notario

Ponteareas | Paso adiante para a construción do futuro centro de día na parroquia de Guláns. Mediante a sinatura da escrita pública ante notario, a Fundación Guláns, da man do seu presidente Juan Antonio Rodríguez Varela, formalizou a cesión gratuíta dunha parcela de 4.282 m2 en presenza da Alcaldesa Nava Castro e da concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández Táboas.

Coa dispoñibilidade da parcela, denominada Formigueira ou Pombal, o Goberno local desbloquea o chan necesario para este equipamento asistencial que favorecerá a autonomía das persoas maiores, a conciliación familiar e os servizos de proximidade. Así mesmo, a concellería de Urbanismo xa impulsa a tramitación do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións, o instrumento urbanístico imprescindible para autorizar e executar a obra.

1,6M€ para a limpeza para os cinco colexios públicos
O Concello de Ponteareas aprobou o expediente de contratación do novo servizo de limpeza para os cinco centros públicos de Educación Infantil e Primaria do municipio: CEIP Fermín Bouza Brey, CEIP As Veigas, CEIP Feliciano Barrera (Guláns), CEIP Santiago de Oliveira e CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera.

O contrato conta cun orzamento total de 1.663.200€, IVE incluído, para os próximos catro anos, o que supón unha dotación anual de 415.800€. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 14 de decembro. O servizo contará cunha previsión de 16.600 horas anuais de limpeza, distribuídas entre os cinco centros durante dez meses ao ano. O concelleiro de Economía e Facenda, Francisco Jesús Represas, indicou que a aprobación dos Orzamentos 2027 permitiu avanzar na planificación destes recursos.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.