Unha folga xeral co 29N no horizonte

Disparidade de enfoque no balance presentado por sindicatos e patronal

A primeira folga xeral en catorce anos en España realizada este 11 de novembro (11N) tivo unha análise desigual por parte dos actores involucrados, probablemente condicionados polo seu impacto e intereses políticos de cara ás eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro (29N) Neste sentido, o 11N mediu o pulso político e electoral nas rúas.

Mentres os seus organizadores, principalmente os sindicatos CC.OO e UGT, aseguraban o “éxito e superación das expectativas” en canto ao absentismo laboral e as mobilizacións, a patronal empresarial minimizou considerablemente este enfoque. Con datos dispares dependendo das Comunidades Autónomas, os sindicatos consideraron que a folga cumpriuse a nivel global en aproximadamente un 75%. Non obstante, para as organizacións empresariais, a folga tivo un respaldo do 41%. Foron igualmente notorios os piquetes, cortes de estradas, cargas policiais con decenas de detencións e algúns altercados en diversos puntos da xeografía estatal.

No caso galego, os sindicatos CIG, UXT e CC.OO afirmaron o éxito da folga destacando o seu impacto en sectores como a industria (principalmente naval), transporte e servizos. Pola súa banda, un comunicado da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) cualificou de “fracaso” esta folga xeral, toda vez criticou o seu “carácter político”.

Alén do tratamento informativo e das expectativas xeradas, a folga xeral desde 11N fíxose notar nas principais cidades galegas.

A Coruña

Vigo

Santiago de Compostela

Ferrol

Ourense

Lugo

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina. Redactor Xefe de "Foro A Peneira" e "Novas do Eixo Atlántico".

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.