
Tui | Os días 5 e 6 de novembro o Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a inauguración do coloquio internacional “O Camiño Portugués: Presente, Pasado e Futuro unha singular ruta xacobea”. No mesmo participarán máis de vinte expertos na temática xacobea e abordarán o papel do Camiño Portugués, subliñando o que desempeñan Tui e Valença como puntos referenciais nesta ruta.
Na inauguración participaron Antonio Valín, bispo da diocese de Tui-Vigo; José Manuel Carpinteira, presidente da Câmara Municipal de Valença; Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia; e Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
As sesións deste coloquio son:
Sesión 1. A xestión dos camiños portugueses de Santiago. Os desafíos da certificación nun modelo descentralizado do Estado portugués.
Sesión 2. 800 anos da catedral de Tui.
Sesión 3. Os camiños de Santiago e o desenvolvemento sostible das comunidades. O impacto socioeconómico na euro cidade Tui-Valença. Os desafíos da certificación nun modelo descentralizado do Estado portugués.
Sesión 4. Presenza e acollida aos peregrinos. Os desafíos nos distintos camiños xacobeos.
Sesión 5. Promoción sen límites? Que queremos do Camiño de Santiago?




