Fin de curso da Escola Municipal de Música Tradicional en Monforte

O Festival ‘Festrad’ celebrouse no Edificio Multiusos

Monforte de Lemos | O alcalde de Monforte, José Tomé, e membros do goberno municipal, asistiron ao Festival ‘Festrad’ da Escola de Municipal de Música Tradicional do Concello de Monforte, no auditorio do Edificio Multiusos.

No concerto participaron alumnos e alumnas das actividades de Gaita, Percusión Tradicional Galega e Canto e Pandeireta, interpretando distintos ritmos tradicionais e pezas populares galegas.

O programa estivo composto das seguintes pezas: Xota de Caroi, Pasodobre da Pastoriza, Mazo te mazo, Baitucada, Xota da Gaiosa, Non bailes o agarrado, Rumba do Canizo, Xota do Bazal, Muiñeira das Cortellas, Xota dos Mariñeiros, Muiñeira da Camposa, Pasodobre do Mallou e a Rumba dos Tranquilos. O certame rematou cunha actuación do alumando de canto, gaita e percusión interpretando a Foliada de Asén e a Muiñeira das Ferreñas.

O alcalde destaca o importante traballo que desenvolve a Escola Municipal de Música Tradicional na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, fomentando entre as xeracións máis novas o coñecemento e a práctica da nosa música e tradicións.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.