46 anos da invasión militar do Sahara Occidental por Marrocos.

Hoxe, 31 de outubro, cúmprense 46 anos da invasión militar marroquí do Sahara Occidental.

O 31 de outubro de 1975 rexementos de tanques e blindados do exército marroquí invaden o Sahara Occidental empezando por Hauza e Djederia (leste de Smara).

O réxime marroquí camufla a invasión militar coa que comeza destruíndo, matando e secuestrando á poboación saharauí, desviando a atención cara á Marcha Verde (a Marcha Negra) que alcanzaba o posto fronteirizo de Tah, entre Daoura e Tarfaya (Sahara Occidental), o 6 de novembro do 1975.

España tiña unhas obrigacións como metrópoles clarísimas e segundo o dereito internacional incumpriunas. A actitude de España e a súa falta de dignidade supuxo unha traizón para o pobo saharauí que aínda hoxe segue sufrindo coa ocupación e o exilio.

España debe, dunha vez por todas, condenar dunha maneira clara e concisa a invasión militar do Sahara Occidental e a Marcha Verde e adoptar as medidas oportunas, que como potencia administradora lle correspónden, para que o sufrimento do pobo saharauí termine e poida recuperar a terra que por xustiza perténcelle.

CONDENAMOS A INVASIÓN MILITAR MARROQUÍ DO SAHARA OCCIDENTAL o 31 de outubro de 1975!!
CONDENAMOS A MARCHA VERDE (MARCHA NEGRA) o 6 de novembro de 1975!!

Nado no ano 1974, un ano antes da entrega do Sahara por parte de España a Marrocos. Activista polos dereitos do Pobo Saharaui, é membro de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Fundador e administrador da web www.porunsaharalibre.org

Outros artigos